Thursday 16 de May de 2024

Exposición e proxección de “Chicas nuevas 24 horas” na Casa da Mocidade das Pedras


O martes 28 de novembro ás 17:30 horas na Casa da Mocidade das Pedras proxectarase “Chicas nuevas 24 horas”, un documental de Mabel Lozano.

O documental de Mabel Lozano titulado “Chicas nuevas 24 horas” proxectarase o vindeiro martes 28 de novembro ás 17:30 horas nas Pedras. No documental preséntase unha invesigación realizada en 5 países (Arxentina, Colombia, Paraguay, Perú e España) sobre o negocio da escravitude sexual a través do testemuño de mulleres e nenas que foron enganadas coa promesa de conseguir unha vida mellor, e son explotadas sexualmente contra a súa vontade.
Co documental trátase de concienciar a Gobernos, medios de comunicación e cidadanía en xeral na tarefa de erradicar a trata de persoas con fin sexuais.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Información en centrosdamocidadeoleiros.wordpress.com e 981614083